Thursday 02 de May de 2024

Alternativa será unha voz libre ao servizo do interese xeral de Culleredo


No pleno municipal celebrado no día de onte adoptouse un acordo promovido por un pacto entre PSOE e PP co que nada tivo que ver Alternativa dos Veciños. O Goberno do PSOE, ao non lograr o apoio do BNG, viuse abocado a negociar co PP e pactar a asignación de salarios da corporación municipal.

O acordo, no que non participou Alternativa dos Veciños, non implica que o noso grupo vaia asumir as políticas do Goberno municipal nin do PSOE. Alternativa denunciará todas aquelas actuacións que atenten contra o interese xeral de Culleredo, apoiará todas aquelas cuestións positivas para o conxunto da cidadanía e será unha voz libre ao servizo de todas demandas veciñais xustas que non sexan atendidas como corresponde.